O director do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), con dez edicións ás súas costas, viaxou ao país hebreo para proseguir coas xestións do FestiClown Palestina 2010, O Primeiro Festival de Clown que terá lugar en Palestina en outubro deste ano. Esta expulsión inxustificada mostra a vontade das autoridades israelís por paralizar o proxecto.
O clown Iván Prado, director de Festiclown e do colectivo Pallasos en Rebeldía, foi expulsado de Israel polas autoridades do país, que non proporcionaron ao artista galego ningún tipo de explicación. Prado chegou onte, luns 26 de abril, ao aeroporto de Ben Gurion coa finalidade de desprazarse ata os territorios palestinos e proseguir coas tarefas de preparación do FestiClown Palestina 2010, o que será o 1º Festival Internacional de Clown que se celebrará en Cisxordania a finais de outubro e do que é un dos seus principais artífices.Ver+ |