Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

miércoles, 2 de junio de 2010


Un milleiro de empregados públicos saen á rúa en Vigo para rexeitar as medidas económicas do Goberno español

As concentracións, convocadas pola CIG, desenvolvéronse entre as 11.00 e as 12.00 horas no Concello, edificio administrativo da Xunta, I.E.S. Santa Irene, Universidade e Hospital Xeral

VIGO/02/06/10

Arredor dun milleiro de empregados públicos secundaron en Vigo a convocatoria da área pública da CIG e rexeitaron con distintas concentracións as medidas adoptadas polo Goberno español no contexto da crise económica. A mobilización, anticipo da folga prevista para o vindeiro día 8 de xuño, ten como obxectivos principais a defensa dos salarios, do emprego, dos servizos públicos e da dignidade dos traballadores/as que prestan uns servizos útiles e necesarios para a sociedade. Os empregados públicos critican que se lles presente como causantes do déficit público, como un colectivo alleo á crise e que se lles utilice para xustificar medidas antosociais en tempos de crise económica.

A CIG manifesta que non se pode consentir que o goberno de turno tome a estes traballadores/as como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e alerta de que se non hai unha resposta contundente nas diferentes mobilizacións convocadas, as medidas que se apliquen poderían ser aínda máis negativas para a clase traballadora.

Na cidade olívica, as concentracións de traballadores levouse a cabo por espazo dunha hora -de 11.00 a 12.00 horas- diante do edificio administrativo da Xunta, no Concello, na Universidade, no Hospital Xeral e no I.E.S. Santa Irene da Praza de América.

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger