Estrea de rebaixas con folga no téxtil
O primeiro día das rebaixas de verán en Vigo converteuse nunha loita entre sindicatos, comercios e clientes na que centos de cruceiristas do Independence of the seas foron testemuñas de excepción. A folga do sector téxtil afectou de cheo á zona máis comercial da cidade e os piquetes, concentrados desde as nove da mañá ante o Museo de Arte Contemporánea (Marco), traballaron arreo para evitar que houbese vendas. Os ovos voaron contra as fachadas das grandes superficies e tamén houbo enfrontamentos no interior dalgunhas tendas.Ver+
|
|