Fernando Blanco: “Traballar con Touriño era insufrible”
"Quintana aínda ten papel no BNG"
"Aymerich tamén sería un bo portavoz nacional"
Fernando Blanco (Lugo, 1959) estivo nos dous momentos claves da historia recente do país: o decreto do eólico cando formaba parte do Goberno bipartito e na lei de caixas galegas. Agora repasa o pasado e fala do futuro dende a Ribeira de Betanzos, onde acostuma a pasar os meses de verán. A súa é unha das mellores tribunas para debullar o que ocorre na terra.
Hai xa ano e medio dende que perderon as eleccións. Coa perspectiva do tempo, que corpo ten? Fracaso?
Evidentemente, na medida en que non fomos capaces de revalidar o Goberno, é un fracaso, o cal non invalida moitos aspectos positivos dos que debemos sentirnos orgullosos e dos que o PP ten moito interese de eliminar da memoria dos galegos como o Consorcio, a dependencia, o decreto do eólico, o Banco de Terras... porque é consciente de que significaban un cambio, unha rotura con determinados comportamentos anteriores.Ver+
|
|