A
FeSP esixe a dimisión do Ministro del Interior
01 de decembro de
2014.- A
Junta Ejecutiva Federal da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) fixo
público un comunicado no que denuncia que ao manter a ‘Lei Mordaza’, pese ás
críticas xeralizadas, parece que pretende reprimir as protestas cidadás e a
información xornalística. A FeSP denuncia que o Tratado Trasatlántico de
Comercio e Inversións afecta negativamente ao dereito á información.
A Federación de Sindicatos de
Periodistas (FeSP) reclama a dimisión ou destitución do Ministro del Interior,
Jorge Fernández Díaz, porque durante os seus tres anos ao
fronte desa carteira fixo méritos máis que de sobra para deixar o cargo. A
pinga que colmou o vaso foi o empecinamento
en manter e defender o proxecto de Ley Orgániza sobre Protección de la
Seguridad Ciudadana, a pesar das críticas xeralizadas de todos
os partidos da oposición -que votaron unanimemente contra ese texto nos seus
primeiros trámites no Congreso- e de numerosos colectivos sociais e cidadáns.
Ese proxecto -coñecido como Lei
Mordaza e que ten o respaldo do Consejo de
Ministros- provocou
as protestas non soamente da FeSP, senón de organizacións
tan variadas como Amnistía Internacional, Reporteros sin Fronteras, Greenpeace,
SOS Racismo, a plataforma No Somos Delito, Jueces para la Democracia,
Ecologistas en Acción, Red Internacional de Abogados Eureka e a Federación
Europea de Periodistas (FEP), entre outras.
Pese ás modificacións
introducidas no borrador inicial, o
gran incremento que prevé do número de faltas relacionadas cos dereitos á
liberdade de expresión e de manifestación permite concluír
que, con esta lei, o ministro e o Goberno pretenden limitar e reprimir tanto o dereito da
cidadanía a protestar nas rúas como o dos xornalistas e fotógrafos a difundir
esas protestas en cumplimento da súa obriga profesional.
Por todo isto, a FeSP considera
necesario que o presidente do Goberno ordene retirar o citado proxecto de lei,
actualmente en tramitación no Congreso de los Diputados, e pida ao ministro que
dimita ou
o destitúa.
A Junta Ejecutiva Federal
da FeSP, reunida este fin de semana en Madrid, tamén acordou alertar do
oscurantismo que rodeas as negociacións segredas que manteñen Estados Unidos e
a Unión Europea sobre o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP, polas súas siglas en
inglés).
De levarse a cabo este
acordo, ademais de supoñer un grave atentado contra a defensa do regulamento
europeo en materias como a economía, os dereitos laborais, o medio ambiente ou
os servizos públicos (saúde, educación…), afectará directamente ao dereito á
información e a comunicación da cidadanía: a creación do chamado «Mecanismo de
solución de controversias inversionistas-Estado” acarrexaría a indefensión dos
Estados contra a concentración dos medios de comunicación en mans duns poucos
monopolios, unha práctica que limita o necesario pluralismo informativo.
A FeSP comparte a
indignación do Consejo de Informativos e de moitos traballadores de TVE, que
teñen protestado pola destitución de tres xefes de área da redacción e catro
adxuntos,
acordada polo novo director dos Servizos Informativos, José Antonio Álvarez
Gundín. Nunha televisión pública debe prevalecer a experiencia e a traxectoria
profesional -que as personas destituídas teñen demostrado sobradamente- e as
normas de funcionamiento interno de RTVE existentes, en vez do «amiguismo» ou
os intentos de incrementar o control político da información de cara ás
próximas eleccións, como sospeita o Consejo de Informativos.
Asimismo, a FeSP respalda á
Unión de Profesionales de la Comunicación de Canarias (UPCC), que esixíu ao Parlamento
autonómico as medidas necesarias para a destitución do director de
Radiotelevisión Canaria (RTVC),
Guillermo García, polas numerosas irregularidades detectadas nesa cadea. Entre
elas figuran os contratos moi costosos con produtoras privadas ou a compra de
programas que xa se pagaron pero nunca foron emitidos, que se suman a outras
denunciadas ante a Fiscalía Anticorrupción pola UPCC e Izquierda Unidad Canaria.
|