¿Te ha gustado el blog? Qué tal si nos regalas un +1

22 de xaneiro de 2015.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa o seu total apoio aos traballadores e traballadoras do Diario de Ferrol, que este venres 23 de xaneiro vivirá unha xornada de folga



Folga no Diario de Ferrol


22 de xaneiro de 2015.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa o seu total apoio aos traballadores e traballadoras do Diario de Ferrol, que este venres 23 de xaneiro vivirá unha xornada de folga para reclamar cambios na empresa, como a regularización no abono das nóminas ou o pagamento das débedas pendentes. O grupo empresarial Editorial La Capital, do que aparte do Diario de Ferrol forman parte El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, acaba de anunciar un terceiro ERE consecutivo, nesta ocasión de extinción para o 50% dos traballadore e traballadoras para xuño de 2015. A continuación reproducimos o comunicado da plantilla do Diario de Ferrol::
O cadro de persoal de Diario de Ferrol convídate a acudir á concentración que terá lugar este venres, día 23, na praza de Armas ás 11.00 horas para esixir á empresa un compromiso co emprego no xornal, a regularización no abono das nóminas e o pagamento das débedas pendentes.

Ese mesmo venres, o plantel de Diario de Ferrol estará de folga ante a indolencia e a inoperancia da empresa, que non é quen de plantexar un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo nin a continuidade do proxecto editorial tal e como se concebiu en 1999. É crucial o voso apoio, sentírmonos arroupados nun momento coma este, para facerlle ver á dirección da empresa a importancia de que Ferrol siga tendo un xornal de seu forte. 

LA VOZ CHANNEL