Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

miércoles, 7 de enero de 2015

Perpectivas para o 2015 de Pladesemapesga para o Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia

Perpectivas para o 2015 de Pladesemapesga para o Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia


Periga o crecemento do sector Marítimo Pesqueiro de Galicia para os proximos anos e os expertos de Pladesemapesga cren básico un cambio radical nas políticas do Goberno de Feijóo para as máis de 26 mil familias que viven deste sector.


Galicia retardouse baixo o afogamento da industria pesqueira en 2014, tocada tamén pola corrupción crecendo por baixo do 1,5%.

Esta é unha mala noticia para o sector marítimo pesqueiro de Galicia, tendo en conta que por primeira vez nunha década, esta taxa de crecemento do PIB sería inferior á da media das rexións de Europa.
 
A través das súas publicacións a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, xunto aos entes de expertos que a conforman instan o Goberno de Feijóo a tomar medidas para abordar esta retardación, destacando que, a pesar do progreso que se observa na educación e no desenvolvemento das competencias, aínda queda moito por facer para mellorar o nivel formativo do Mar e abordar as persistentes e profundas desigualdades socioeconómicas que afectan de forma moi grave a este sector.

De acordo coas palabras do Presidente Sr Delgado, durante o ano 2014, aproveitando o peche na presentación do anuario Pladesemapesga descargable desde a Web, se desexamos evitar unha década de baixo crecemento económico no sector pesqueiro de Galicia, faise inprescindible mellorar o nivel educativo, fortalecer as capacidades dos traballadores da Mar e impulsar a innovación.
Os responsables políticos no Parlamento de Galicia deberán realizar esforzos significativos para lograr un crecemento maior e máis equitativo.

As publicacións de Pladesemapesga destacan a existencia dunha ampla brecha entre o rendemento dun profesional de Galicia e un de calquera parte del litoral europeo. Así mesmo, as desigualdades socioeconómicas inflúen substancialmente tanto na falta de traballo como nos seus resultados.

As deficiencias no sector marítimo-pesqueiro de Galicia tamén se reflicten na falta de capacidades e nos desaxustes que existen no mercado laboral, cuxo impacto afecta considerablemente a competitividade das empresas asentadas en Galicia, enfróntanse a maiores desafíos que as doutras rexións no mundo para atopar a súa integración en condicións medianamente adecuadas.

Os estudos de Pladesemapesga revelan que a probabilidade de que unha empresa do sector pesqueiro non atope os traballadores coas competencias necesarias é tres veces maior que para unha empresa de culquier outro punto europeo condicionada pola relación laboral da a "parte"  e 13 veces maior que para unha empresa da rexión dos países nórdicos.

Pladesemapesga e o goberno de Feijóo e o sector privado deberían traballar en estreita relación para vincular mellor o futuro nunha economía mundial en constante cambio o que beneficiaría a todo o conxunto dos implicados.
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger