Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

jueves, 12 de marzo de 2015

O PXOM de Mos á espera da publicación no BOE da eliminación de 3 kilómetros de autovía

O PXOM de Mos á espera da publicación no BOE da eliminación de 3 kilómetros de autovía

A alcaldesa mosense aclara os fins electoralistas das difamacións do PSOE e insta ó seu voceiro a que dea a cara e explique se quere aprobar o Plan incluíndo a autovía

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe sobre o punto no que se atopa o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que está na súa recta final. A rexedora local mosense asegura que “cumprimos cos prazos do PXOM e a Memoria Ambiental atópase rematada dende fai dous meses”, ante o ataque desesperado que a este respecto ven de facer o Partido Socialista de Mos.
           
E é que o que está a retrasar o proceso é a eliminación de 3 kilómetros da autovía, algo que xa é unha realidade pero que non se pode reflectir no Plan mentres non estea publicado no BOE (Boletín Oficial do Estado). Este tramo eliminado afectaría a varios dos principais núcleos poboacionais de Mos ó longo dunha distancia de 3 kilómetros, que chegaría ata a zona de Os Molinos.

A este respecto Arévalo manifestouse satisfeita e orgullosa, xa que “o Ministerio de Fomento por fin nos escoitou e fomos capaces de evitar unha nova autovía que volvería cercenar a Mos, pero eliminar unha infraestrutura viaria desta envergadura non é tarefa fácil e o procedemento leva un tempo que non podemos obviar”, explicou a alcaldesa.

Neste sentido a rexedora local increpa ó voceiro do PSOE de Mos puntualizando que “fai tres meses que podiamos ter definitivamente aprobado o PXOM, pero coa autovía pintada no mesmo, e ese era un prezo que nin eu nin o equipo de goberno estabamos dispostos a pagar, nin a facerllo pagar ós veciños e veciñas de Mos”.

Ademais Nidia Arévalo considera “lamentable que ata o de agora foramos da man os tres grupos políticos da Corporación Municipal, PP, PSOE e BNG no proceso de aprobación do Plan Xeral e agora os socialistas decidan desmarcarse ante a sede desesperada de armas electorais”, dixo. E apuntou que incluso os nacionalistas suxeriron no seu día que se levase a información pública do Plan ás parroquias, como así se fixo, demostrando a boa sintonía política por un ben común de tanta relevancia para o municipio como é o PXOM.

A alcaldesa de Mos non quixo tampouco deixar de lembrar que foi no ano 2007 cando unha alcaldesa socialista permitiu e aprobou que fose adiante unha nova autovía Vigo-Porriño, que sería nefasta para a localidade mosense e os seus habitantes. Por último, instou a Alfonso Parada, voceiro do PSOE, a “que diga alto e claro que quere aprobar o Plan Xeral incluíndo nel a autovía, porque para poder eliminala no Plan é necesario esperar a que sala publicada dita eliminación no BOE”.

Ademais, e o que é máis grave, o Partido Socialista icluso chegou a solicitar, nunha alegación ó Plan Xeral, presentada con data 7 de febreiro de 2013, que se incluíse no mesmo a nova autovía Vigo-Porriño. “Por fortuna logramos evitar ese novo trazado que, de ser polo PSOE, sería hoxe unha realidade”, insistiu a rexedora local mosense.

Arévalo considera “rastreira” esta estratexia electoral do PSOE de Mos e “moi grave” a intencionalidade de alarmar ós veciños con fins únicamente electorais; “cando ata o de agora estiveron dacordo con todo o relativo ó PXOM”.


“O logro de evitar unha nova autovía está ahí, e os mosenses saberán velo”, concluiu a alcaldesa.
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger