Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

viernes, 17 de abril de 2015

Non rotundo ao TTIP


16 de abril de 2015.- Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia nun comunicado as mobilizacións do 18 de abril contra o Tratado de Libre Comercio entre EEUU e Europa porque ameaza as liberdades civís.
A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) apoia as mobilizacións convocadas para o sábado 18 de abril en ducias de cidades dun gran número de países para rexeitar o Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e Europa (TTIP, nas súas siglas en inglés) que se está a negociar cun total oscurantismo. A Xunta Executiva Federal da FeSP fai un chamamento aos traballadores dos medios de comunicación para que secunden estas convocatorias, porque este Tratado supón unha grave ameaza para liberdades e dereitos civís de todo tipo, tamén no ámbito da comunicación.
A campaña ‘Non ao TTIP’ asegura que «o noso futuro se negocia en portas pechadas de Bruxelas e de Washington cun Tratado ás costas da xente». As conversas desenvólvense ao dictado das grandes corporacións multinacionais que queren non soamente un mundo sen leis que limiten a súa actividade senón graves sancións para quen non lles rinda pleitesía. O seu obxectivo é un marco normativo que non impoña condicionantes medioambientais, sanitarios ou doutro orde, todo a maior gloria do beneficio económico desas compañías.
Como xornalistas denunciamos o enorme secretismo co que se realizan estas negociacións e o silencio co que a maioría dos medios de comunicación dos países implicados -tamén e de xeito escandaloso, os españois- que non están informando á cidadanía sobre un proceso que condicionará gravemente a vida de miles de millóns de de persoas en todo o mundo.
Pero é que ademais de todo isto, o TTIP condicionará enormemente o traballo dos informadores porque entre o compromiso dos estados a non promulgar leis que regulen os mercados, ningún goberno poderá lexislar sobre a propiedade dos medios, para protexer os medios públicos e o Terceiro Sector ou establecer normas sobre como garantir o dereito áinformación da cidadanía. A FeSP comparte cos que se opoñen ao TTIP que este «é un pesadelo para a democracia». E por iso reitera a necesidade de mobilizarse para frear este despropósito antidemocrático e anti social.
Para frear o TTIP, ¡saiamos á rúa o vindeiro 18 de abril!

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger