Os traballadores de Marinships rexeitan na rúa o despedimento dos catro empregados que non estaban afectados polo ERE
Hoxe pola mañá concentráronse nas instalacións de Factoría Naval de Marín e pola tarde desprazáronse á nave do estaleiro Armón de Vigo
Os traballadores de Marinships volveron saír á rúa para denunciar que o xulgado do Mercantil vén de comunicarlles por carta que a empresa presentou un expediente de fin de relación laboral que afecta aos catro últimos empregados. Dende a
As comunicacións de rescisión de contrato chegaron do xulgado o pasado venres día 6 de agosto, abríndose agora un prazo de 15 días para a negociación do expediente. O secretario comarcal da
Diante disto, o comité de empresa optou por convocar unha serie de mobilizacións como as levadas a cabo con anterioridade cando a compañía de compoñentes eléctricos para náutica presentou un ERE que afectaba a 10 dos seus 14 traballadores (na empresa permanece só unha administrativa). O calendario de protestas contempla concentracións en Factoría Naval de Marín en horario de mañá (de 8.30 a 12.00) e do estaleiro Armón de Vigo pola tarde (de 12.00 a 19.00).
|
|