Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

sábado, 22 de enero de 2011

Necesidades e políticas educativas para Ponteareas

Xaneiro 22nd, 2011 § 1 comentario

Durante 4 anos Ponteareas recibiu dotacións educativas por valor de máis de 6 millóns de euros. A reforma do IES Pedra de Auga, o novo IES do Barral, o aulario de infantil do CEIP Ramiro Sabell…foron a mostra do compromiso do PSdeG que gobernaba a Xunta con Ponteareas e coa educación pública de calidade. Non se fixo todo, non foi materialmente posible. Pero fíxose moito. E mantívose un diálogo franci e construtivo cos axentes implicados na educación.

Este é un concello en que as enecesidades educativas vanse incrementando con rapidez debido ó forte aumento da poboación infantil e xuvenil. Por desgraza a Xunta de Galicia dirixida polo PP non aposta polo público e soamente recorta e recorta. E o actual alcalde non xestiona coa necesaria firmeza e acepta as directrices da Xuntan quere enfrontarse ós seus “amigos” e esquece a súa obriga de defender os intereses dos seus veciños.

Así, do proxecto socialista de reforma integral do CEIP Bouza Brey soamente queda unha reforma parcial que pretende paliar momentáneamente (dentro de dous anos) a masificación pero sen crear novas prazas escolares. E da necesidade dun novo colexio de Educación Infantil e Primaria, non queren nin oír falar. Ningún dos escalóns da administración galega é receptiva ás demandas dos pais e profesores: nin o alcalde, nin o xefe territorial, Pérez Ares, nin o conselleiro…

Que diferencia co anterior delegado, coa anterior conselleira, coa administración da Xunta de Touriño…!

O futuro de Ponteareas depende da educación dos nosos fillos. Unha boa educación é a mellor herencia que lles podemos deixar. Por iso apoiamos plenamente as reivindicacións da Federación de Nais e Pais de Ponteareas e a manifestación de hoxe.

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger