O Partido Popular de Galicia cuestiona cánto diñeiro de todos os galegos gastou o PSOE en investigar ao BNG na Xunta e se segue facéndoo nos concellos e deputacións
Miranda declara que “sabemos que grababan a altos cargos, que vixiaban a xefes de prensa. ¿Qué máis facían cos cartos de todos?”
· Lembra cómo esta fin de semana se coñecía que a Consellería de Economía do bipartito encargara un informe a unha consultora externa para que analizase a labor dos xefes de prensa da Xunta
· Apunta que o PPdeG non coñece ese informe en profundidade e, por iso, pedirá por rexistro ese documento ao Goberno galego para poder determinar o alcance da investigación realizada
· Para Miranda non é sorprendente a manipulación dos medios públicos e a capacidade de influencia do PSOE e BNG sobre a RTVG na anterior lexislatura que se desprende do informe
|