Os populares aínda están esperando a que Caballero cumpra a súa palabra e dimita, tal e como prometou que faría se o AVE non chegaba a Vigo por Cerdedo
Caballero esconde a súa incompetencia no referente á chegada do AVE a Vigo con mentiras
· Gómez Alonso reiterou que foron os populares os que defenderon para Vigo non só a conexión coa Meseta senón tamén a conexión con Portugal, algo ao que o Ministro de Fomento renunciou
· Lembra que os populares presentaron unha PNL no Parlamento segundo a cal se instaba á Xunta a dirixirse a Fomento para solicitar que no ano 2010 se contratase conxuntamente o proxecto e obra do Ave Vigo-Ourense por Cerderdo, proposta que foi apoiada por unanimidade
· Caballero debería dirixir as críticas ao seu propio partido e os seus compañeiros de filas en Madrid antes de empregar o AVE como ferramenta política de cara ás eleccións contra o PPdeG, posto que a realidade estóupalle nas narices.
|