Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

martes, 19 de julio de 2011

1º Concurso de proxectos de Educación social

1º Concurso de proxectos de Educación social

Con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Social (2 de outubro do 2011) o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos e as Asociacións Profesionais existentes, convoca o 1º CONCURSO ESTATAL DE PROXECTOS DE EDUCACIÓN SOCIAL, que levará o nome de "Memorial Toni Julià" en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado.

Poderán presentarse ao concurso proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais e estudantes de educación social, premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras e facilitando a súa futura difusión.

O concurso terá dúas fases: unha autonómica e outra estatal. Na fase autonómica galega, o prazo de presentación de proxectos está aberto ata o día 31 de xullo de 2011 (incluído)

Consultar as bases da fase autonómica galega.

Consultar as bases da fase estatal.

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger