Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

domingo, 15 de abril de 2012

COMUNICADO DE PRENSA


COMUNICADO DE PRENSA


En referencia á información publicada hoxe por varios medios de comunicación nas que se comunica a dimisión do presidente de Movexvial “para defenderse de inxurias e calumnias sobre supostos tratos de favor”do Concello de Vigo a este empresa o Goberno Local quere facer as seguintes matizacións:“As informacións referidas no seu momento polo diario El Mundo son falsas,incompletas e non axustadas á realidade. Así se lle transmitiu ao grupo editorial no seu momento ofrecéndolle para contrastalo toda a documentación de cada unha das actuacións levadas a cabo por este Goberno local; información, por certo, igualmente accesible a calquera cidadán ou medio de comunicación. A adxudicación das obras, tanto as que teñen cargo aos orzamentos coma as levadas a cabo con fondos estatais, faise a través dun proceso totalmente legal e transparente. Así o amosa o feito de que todas pasan por unha Mesa de Contratación na que están representados todos os partidos políticos e na que hai un representante de Intervención e outro de Asesoría Xurídica. A empresa adxudicataria foi, en todos os casos, a que obtivo a mellor untuación nun proceso que avalían exclusivamente técnicos e xurídicos do Concello.
Na mesa de contratación sempre houbo unanimidade de todos os seus membros,  incluíndo os concelleiros dos tres grupos políticos con representación municipal, PP,
PSOE e BNG. E como xa se dixo, todas as adxudicacións fixéronse a aquelas ofertas
que obtiveron a máxima puntuación. Tratase, polo tanto, dun proceso non so legal senón tamén límpido e cristalino no que se valora a mellor oferta presentada, a máis vantaxosa, coma sucedeu no caso das actuacións adxudicadas á empresa á que se fai referencia.
Cabe clarexar tamén que MOVEXVIAL non so contou con obras adxudicadas polo Concello de Vigo senón que diversas administracións públicas de distintos colores políticos como a Autoridade Portuaria de Vigo, a Xunta de Galicia, a través das distintas consellerías, ou a Deputación de Pontevedra tamén adxudicáronlle importantes obras. Todas las adxudicacións levadas a cabo por este Goberno municipal son legais, transparentes e con garantías”
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger