O Centro Asprodico ofrece información sobre o programa Vacacións 2012 para persoas con discapacidade
A Concelleira de Servizos Sociais-Atención Primaria, Marisol Valado, xunto coas asociacións ADAPTA e COGAMI, quere poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas, que está aberto o prazo para inscribirse no programa de Vacacións 2012 que pon en marcha a COFEME (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica).
O programa está aberto á participación de todas aquelas persoas que acrediten un grao de discapacidade, física ou orgánica, igual ou superior ao 33% tendo prioridade aqueles que superen o 50%.
Tal e como explica a concelleira Marisol Valado, o programa se desenvolverá en quendas de dez días dende o vindeiro mes de xullo ata o mes de decembro “e os prezos varían tanto en función do lugar de destino como da quenda elixida”.
Tanto para recoller as solicitudes para participar neste programa de Vacacións 2012 como para solicitar máis información, os interesados e interesadas poden facelo no Centro Asprodico, no barrio de Canedo, en horario de mañá e preguntando por Paula.
|