A concellería de Tráfico
informa que, segundo comunica a empresa que realiza as obras de urbanización da
primeira fase do Porto Seco de Monforte, a partir de hoxe día 2 de outubro
poderanse producir cortes puntuais para o tráfico rodado, ou desvíos
debidamente indicados, na estrada de Reigada (rúa Juan Montes) á altura do
canal de regadío.
Estas
modificacións na circulación de vehículos débense á execución dos traballos de
substitución do canal A 4-1 que se levarán a cabo na citada rúa.
Dende a
concellería pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse.
|
|