O xoves
comeza, na Biblioteca Pública Municipal, unha nova edición do programa de
animación á lectura A hora do conto
Ponteareas, 02 de outubro de 2012
A Biblioteca Pública Municipal de
Ponteareas dará comezo, o vindeiro xoves, a unha nova edición da súa actividade
de contacontos denominada “A Hora do Conto” coa que se quere achegar aos
máis cativos ao mundo dos libros e que, dende a súa posta en marcha hai algúns
anos, rexistra unha elevada participación de nenos e nenas.
A actividade desenvolverase na Biblioteca
Pública Municipal de Ponteareas todos os xoves en horario de 18:00 horas a
19:00 horas e está aberta á participación de todos os nenos e nenas maiores de
3 anos.
O Concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro
Fernández, salientaba que o que se pretendía coa posta en marcha desta
iniciativa, era crear “unha especie de club que fomente a lectura entre os
máis pequenos e que, ao mesmo tempo, cree nestes un hábito de utilización das
instalacións e recursos que a biblioteca pon ao seu dispor”.
A participación dos nenos e nenas,
crecente con cada nova edición, converteu esta iniciativa nun éxito xa que, tal
e como explican os responsables do centro bibliotecario, “os participantes
descubriron a aventura de ler e, amais, as posibilidades que a biblioteca lles
ofrece non só como apoio aos seus estudos, senón como ferramenta para o seu
tempo de lecer”.
O programa ‘A Hora do Conto’ que
forma parte das actividades de animación á lectura que a Biblioteca programa ao
longo de todo o ano, consegue que os pequenos particpantes se acostumen a
escoitar, ler contos e o mesmo tempo, compartan a lectura como unha forma de
enriquecemento persoal.
|
|