A semana do 22 ao 28 de outubro os
establecementos de hostalería do conxunto histórico de Tui organizan unha semana
gastronómica baixo a denominación de “Sabores de outono”.
A chegada desta nova estación é unha oportunidade
para degustar pratos máis elaborados e calóricos axeitados ás novas condicións
deste tempo. Degustar os sabores típicos destes meses como son as castañas, os
cogomelos, as hortalizas, os productos da caza, peixes como a dourada que están
no seu mellor momento... é a oferta que estes oito establecementos do conxunto
histórico tudense ofertan aos seus clientes e visitantes.
Os restauradores do casco histórico de
Tui que participan nesta iniciativa son: A Adega, O Novo Cabalo Furado,
Monumental, A Muralla, La Cava, Vinoteca De García, Tapas e Viños e Jaqueyvi.
A celebración desta semana
gastronómica “Sabores de Outono” é unha oportunidade excepcional para achegarse
ata a cidade de Tui amais de contemplar o seu amplo conxunto patrimonial
achegarse aos establecementos emprazados na zona monumental tudense disfrutando
da súa ampla oferta gastronómica. Os oito restaurantes participantes nesta
iniciativa ofrecen así unha ampla oferta gastronómica vinculada polos “Sabores
do outono”.
|
|
