A iniciativa, segundo explicaba Valado Pérez, “está dirixida a todos os autónomos e pequeno comercio en xeral e ten obxectivo e impulsar e dinamizar o comercio tradicional”.
Os obradoiros formativos se desenvolverán en días nos que interfiran o mínimo posible na actividade comercial e profesional dos participantes e serán sesións eminentemente prácticas que terán lugar na aula-taller da Deputación Provincial en Pontevedra.
Marisol Valado explicou que todos os autónomos e comerciantes ponteareáns “teñen a súa disposición o Centro de Desenvolvemento Local, en Ribadetea ou no teléfono 986 66 10 50, onde lles facilitarán toda a información necesaria e incluso, a tramitación das solicitudes”.
Do mesmo xeito a Concelleira de Comercio avanzou que, por parte do seu departamento, se porán en marcha no vindeiro Nadal “obradoiros que sexan un complemento a esta interesante iniciativa da Deputación de Pontevedra e destinada a aqueles que non poden desprazarse ata a capital da provincia pero que si están interesados neste tipo de talleres”.
Finalmente Valado Pérez asegurou que “o Nadal é unha boa época para buscar a revitalización do comercio local a través deste tipo de iniciativas e axudarlles a pasar os complicados momentos nos que estamos”.
|
|