"Non
hai liberdade de información sen pluralismo"
15 de maio de
2014.- Con motivo das próximas eleccións europeas, facemos un chamamento a
todos os candidatos a comprometerse “pola recuperación da liberdade e o
pluralismo dos medios en Europa”.
A Federación de Sindicatos de
Periodistas (FeSP) (á que pertence o Sindicato de Xornalistas
de Galicia), respaldando a iniciativa da Federación Europea de Periodistas
(FEP), está facendo
chegar a todos os candidatos españois ás eleccións europeas do vindeiro 25 de
maio o “Manifesto dos xornalistas”.
Neste documento elaborado desde o Consello Directivo
da FEP, onde a FeSP está representada, faise un chamamento a
todos os candidatos a comprometerse con este manifesto “pola recuperación da
liberdade e o pluralismo dos medios en Europa”.
Nel sostense que «Non hai democracia en Europa sen a
independencia dos xornalistas. Non hai liberdade de información sen pluralismo”
e esíxese aos futuros eurodiputados que teñan en conta estas dez condicións esenciais en toda
sociedad democrática:
1. Non hai
democracia sen independencia dos xornalistas.
2. Non hai liberdade
de prensa sen pluralismo informativo.
3. Non hai democracia
sen dereitos sindicais.
4. Non hai liberdade
dos xornalistas sen respecto aos dereitos de autoría.
5. Non hai xornalismo
de calidade sen respecto das condicións laborais.
6. O xornalismo é un
ben público.
7. Non hai liberdade
de prensa sen transparencia.
8. Defender o futuro
do xornalismo.
9. Non hai prensa
libre sen seguridade para os deportistas.
10. O xornalismo
ético, garante dunha información crible.
|
|