Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

miércoles, 23 de julio de 2014

Chiringuitos, foros e salvavidas, altos cargos, os grandes debates de Medio Rural e do Mar



Chiringuitos, foros e salvavidas, altos cargos, os grandes debates de Medio Rural e do Mar

¡Meigas! Habelas hailas....Por fin Rosa Quintana Carballo, Conselleira de Medio Rural e do Mar deu coa receita oficial da peor xestión da historia humana gravada a sangue da vida na Mar.

Os pescadores e mariñeiros galegos podémosnos ir durmir tranquilos porque a nosa esencia está a salvo grazas á deaaforada xestión de Rosa Quintana por todas as partes que se poña a tiro un chiringuito onde o cartel presente a súa figura como prioritario aínda que haxa que inxectarlle unha boa subvencion de diñero público ou salvagardar ao xestor de quenda nas súas irregulares xestións.

A paella será de merluza ou de cangrexo. O gran debate pesqueiro quedou resolto, a Rosa Quintana que é de bo apetito dálle igual que vaia primeiro a merluza que o cangrexo o caso e que vaya rociada de bon sermón, aplausos, felpudo é indispensable servilismo.


Pero está a piques de estalar outro debate de maior calado que segue buscando o seu minuto de gloria, a Plataforma Marítima Pladesemapesga, anuncia que vai pedir a abolición da concesión irregular de fondos europeos para palangreiros que se deron e que ao parecer non estan axustadas a dereito nen as directrices dos fondos FEDER, e elo da man do Sr Maneiro, secretario de Mar.

Aquí estamos ao que estamos. Á fórmula secreta de salvar vidas de náufragos, aínda que os haxa que tirar á Mar, pués non se pode perder a tallada pública de fondos europeos para chalecos para mortos xa que os vivos fai tempo que non se lles ven, que máis dá, si total non os van a poñer, iso si, mentres non leven incorporado o móbil con Wasap o a marcha muiñeira da Marcha do Entrelazado de Celeiro  para que o ilustre persoal da dirección de Fomento e ponentes da Xunta aficionados ao turismo institucional para falar de salvar xentes do mar póñase a recuperar a quimera de engullir o que póñanlles diante os encargados a tragar mesmo diante das xentes do lugar, aínda que se sustraia dos fondos públicos destinados aos grupos de acción costeira, "mariñeros " a historia perdoaranos, sobre todo por que pertencen moitos de eles aos 18.000 deshauciados polo goberno de Feijóo para facer as tres comidas diarias, si sobreviven cunha ao mes, para que darlles máis, servímosnos boas langostas e outras viandas dos "gurmets" ou servilistas, do público a cambio dunhas migajas que poidan caer.

Quizá por iso seguimos saíndo todos os días nos papeis e notas de prensa de entes non comprados polo poder, coma se isto fose o reino dos maiores piratas da nosa historia recientemente esquecida, xunto a un dos viquingos máis famosos, o noruego Erik o Vermello, que colonizóu por todas partes do norte de España ata deixar esculpido a sangue e lume o terror dos seus azañas, que a día de hoxe seguen atemorizando as noites de meigas na nosas praias.

Un día polos expedientes que abre Bruxelas, o seguinte polos procesos xudiciais, outro porque van meter no cárcere ao ex alto cargo colocado polos amigos de Rosa Quintana, e outro porque os seus altos cargos de confianza insisten ante quen xa non os oie que a consellería trata a todos por igual.

Hai outras conselllerías e cargos do PP con peores registros que a pesca en todo (corrupción, imputados, paro, xestión política, endeudamiento, etc), pero os que temos peor imaxe somos o sector pesquero de Galicia.

O ocorrido nos últimos anos desde que leva os desinios do Mar, Rosa Quintana está aí e ninguén pode borralo. E ademais a mala xestión da crise abordada polos seus dimitidos secretarios, todos eles coa xustiza detrás, multiplicou o efecto dos males.

A xestión da crise do sector pesquero galego foi e é un despropósito permanente, ata o extremo de que no seo da propia consellería de Medio Rural e do Mar hai un desánimo crecente, unha sensación de derrota que desde a presidencia do partido e da xunta de Galicia non saben atallar.

Pero a percepción que se ten en toda Galicia da xestión de Rosa Quintana vai máis aló dos méritos feitos polos políticos corruptos do seu partido recientemente expulsados das instalacións do Concello de Santiago, para dirixir o dedo de Feijóo cara ao seguinte atracón de presunta corrupción e os que están a sair das mesmas entrañas da xestión pública do que non debería ser.

Hai un código negativo establecido sobre a xestión de Rosa Quintana Carballo e ninguén se encarga de poñerllo en fronte da súa mirada, nen de destruílo.

A ninguén da prensa galega subvencionada e huntada co diñeiro dos desnutridos mariñeiros e marineros do noso litoral ocórreselle novelar sobre a corrupción e denuncias da nefasta xestión de Rosa Quintana.

Ou sacar a pasear a media ducia de altos cargos cesados por verse sometidos a demasiadas presións para entrar no irregular, non prestarse á corrupción profunda ou non prestar o seu nome e cargo ao oculto e perverso do público que din representar.

O de Medio Rural é a estrela e os pescadores-marineros os protagonistas.

As campañas de publicidade da Consellería de Medio Rural e do Mar repartindo e regalando a "DEDO" o diñeiro son de xulgado de garda sen que a responsable, FISCALIA queira ver.

Preguntámosnos e preguntamos, como poden mostrar amuletos, pedir confesión, cando recae sobre eles as peores acusacións de fraude e malversación, fame e maldade cos nenos cheos de fame, inocentes e diana das burlas dos responsables que dicen representar, despeito e acusacións de abandono da terceira idade....É que seica DEUS dispón de "Cruces cristiás" e un ricón para o corrupto e o ladrón...

O verdadeiro salvabidas do home de Mar, é que Rosa Quintana Carballo deixe xa a súa xestión, deixe de dar de alta tanta fundación, por que aínda que non o crea, o interese público e galego esta fóra de control, levandose o diñeiro destinado aos mariñeiros por auténticos sinverguenzas con caparazón que a xustiza de momento aínda non localizou.

Escrito de opinión; Miguel Delgado  Presidente de Pladesemapesga
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger