Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

sábado, 2 de agosto de 2014

Rexeitamento ás acusacións da portavoz de Israel en España

Rexeitamento ás acusacións da portavoz de Israel en España

01 de agosto de 2014.- A Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), organización que forma parte da Federación Internacional de Xornalistas (FIP), considera intolerables as descalificacións e acusacións feitas pola portavoz da Embaixada de Israel en España, Hamutal Rogel, contra a xornalista Yolanda Álvarez, corresponsal de TVE en Xerusalén e enviada especial a Gaza, así como as que ten expresado contra outros enviados a esa zona.
O traballo dos xornalistas está sometido á crítica, pero non pode ser obxecto de descalificacións co único fundamento dun xuízo de intencións de quen as fai.Afirmar que Yolanda Álvarez actúa coma unha «activista» ao servizo dos intereses de Hamas é unha gravísima acusación que rexeitamos con toda rotundidade.
Consideramos que ningún portavoz dunha embaixada en España pode empregar ese posto para acusar a un profesional da información nin tampouco, como fixo a portavoz da embaixada de Israel, para dicir a unha xornalista como debe desempeñar o seu traballo.
Desde a FeSP esiximos á portavoz da embaixada de Israel que pida desculpas publicamente polas súas graves acusación, que poden poñer en perigo á enviada especial de TVE a Gaza.
---
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger