Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

lunes, 6 de agosto de 2018

La Xunta de Galicia más preocupada por su propaganda firma un nuevo documento de Asesoramiento Familiar y se olvida de los Logopedas.


La Xunta de Galicia más preocupada de hacerse publicidad firma un convenio que bautizan como pionero y con fondos públicos y se olvidan de los Logopedas. Los logopedas son profesionales sanitarios y educativos debidamente preparados para ambas disciplinas y especialmente en Mediación y asesoramiento en esos troncos del saber. Nuevamente los Logopedas profesionales esenciales en estos campos se ven discriminados por la falta de competencia de los responsables de la Xunta de Galicia.
Los usuarios consultados ven increible la política que desde la Xunta se viene haciendo y no entienden semenjante incompetencia de la Xunta de Galicia, que es norma habitual en estos temas.
Vean la publicidad del convenio, que lo celebran a bombo y platillo dejando a un lado a profesionales vitales en estos campos. Viva la fiesta de la Xunta con el dinero de sus clientes contribuyentes.

A Xunta e Ingada poñen en marcha un pioneiro Punto de Asesoramento Familiar en Galicia para persoas con TDAH

O servizo será proporcionado por un equipo integrado por profesionais da Psicoloxía, Educación Social, Medicina, Terapia ocupacional, Orientación e Pedagoxía que realizarán o seu labor a través de grupos de axuda, obradoiros e prestarán tamén atención individualizada aos usuarios
A entidade tamén presentou unha guía de asesoramento familiar e outra de terapia ocupacional
 
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta tarde á presentación do Punto de Asesoramento Familiar (PAF) da Fundación Ingada en Narón, mediante o cal se asesorará aos pais e nais dos nenos e nenas sobre a dinámica familiar e problemas derivados das características persoais dos fillos con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). A posta en marcha deste novo servizo é froito da colaboración que a Xunta de Galicia e Ingada veñen mantendo dende hai anos e que se materializou hai uns meses coa sinatura dun convenio de colaboración para tal fin .
Deste xeito, o PAF orientará aos usuarios para que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións de aprendizaxe e socializadoras, así como para que poidan superar situacións de necesidade e risco social. Esta iniciativa ofrecerá actividades de carácter preventivo e aportará medidas de intervención que contribúan a modificacións de condutas non desexadas. O servizo será proporcionado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais da Psicoloxía, Educación Social, Medicina, Terapia Ocupacional, Orientación e Pedagoxía, que realizarán o seu labor a través de grupos de axuda, obradoiros, charlas e prestarán tamén atención individualizada aos usuarios. O punto de asesoramento estará dispoñible para todos os galegos e galegas que desexen facer uso do mesmo.
Por outra banda, a entidade elaborará pautas de actuación e programas de apoio ás familias e derivará aqueles casos que por calquera motivo excedan á competencia dos labores do instituto a quen e onde proceda.
Así mesmo, nesta xornada, Ingada presentou unha guía de asesoramento familiar e outra de terapia ocupacional. A primeira delas ofrece información e dá resposta a moitas das preguntas e dúbidas que as familias teñen con respecto ao TDAH e aos xeitos de abordar este trastorno. No que respecta á guía de terapia ocupacional, esta busca aportar coñecementos interesantes, con tradución asistencial , para calquera terapeuta ocupacional en exercicio, así como para outros profesionais que desexen coñecer o campo de traballo específico desta disciplina co obxectivo de fomentar unha mellor atención interdisciplinar das persoas con TDAH.
O conselleiro de Política Social lembrou que “un 5,6% da poboación infantil está afectada por este trastorno, así como o 4% dos adultos”. Unha porcentaxe que converte o TDAH nunha das causas máis frecuentes de fracaso escolar e nunha patoloxía que non se limita á idade pediátrica, senón que perdura ao longo da vida. Trátase polo tanto, dun trastorno con gran incidencia na sociedade e o conselleiro de Política Social quixo amosar o seu compromiso con este colectivo tendendo a man da cara a posibles futuras colaboracións do departamento autonómico con Ingada para poder facilitar o seu labor diario e que os seus recursos continúen a chegar ás persoas que máis o precisan. Ademais sinalou que “As administracións públicas e as entidades temos un papel fundamental, non só a nivel de oferta e mellora dos servizos, senón de concienciación para acadar unha inclusión social real e efectiva”.
Finalmente, e con respecto as liñas de colaboración que a Xunta de Galicia viña mantendo coa entidade nos últimos anos se atopan actividades formativas como o curso de especialización en trastorno por TDAH para profesionais do tempo libre, un curso para aprender a falar en público e outra formación de orientación empresarial. 


 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger