Limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo protestan diante de Linorsa para reclamar diálogo co comité
A CIG denuncia acoso moral á delegada sindical e reclama información sobre o proceso de renovación da concesión
Arredor dun cento de empregadas/os da limpeza dos colexios públicos de Vigo realizaron hoxe unha concentración de protesta nas instalacións de Linorsa en Coruxo para reclamar diálogo co comité de empresa. Dende a CIG-Servizos denuncian acoso moral á delegada sindical e solicitan información sobre o proceso de renovación da concesión municipal.
As limpadoras e limpadores permaneceron durante máis de dúas horas nas instalacións da empresa Linorsa berrando consignas para reclamar a apertura dunha mesa de diálogo co comité de empresa sobre o proceso aberto para renovar a concesión. Nestes momentos atópase prorrogada e está previsto que a vindeira semana se procede á apertura de plicas para resolver o concurso ao que se presentaron tres firmas, entre as que se atopa a actual concesionaria. Neste senso, dende a CIG-Servizos critican que non se lle teña trasladado toda a información ao comité de empresa e denuncian o acosao moral que está a sufrir a delegada sindical.
|
|