O CDL DE
PONTEAREAS INFORMA SOBRE A CONVOCATORIA DE
BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS
Ponteareas, 11 de xaneiro do 2013
O Centro de Desenvolvemento Local de
Ponteareas (CDL), quere achegar aos
veciños e veciñas de Ponteareas sobre a convocatoria de 195 bolsas de prácticas
laborais para titulados universitarios nos Concellos da Provincia de Pontevedra
e 74 bolsas para centros e servizos
dependentes da Deputación de Pontevedra.
O perfil das persoas beneficiarias han de
ser universitarios titulados nas áreas de coñecementos, relacionadas para cada
unha das bolsas convocadas, non ter cumpridos os 31 anos, non ter experiencia
previa na profesión ou áreas de coñecementos, ademáis de acreditar o
coñecemento da lingua galega Celga IV,
de entre outros requisitos.
Estas bolsas teñen unha dotación económica
de 800 € ao mes por beneficiario e o que buscan e apoiar o emprego naquelas
persoas sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar
a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a
súa incorporación ó mercado laboral.
As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr.
Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial, no
rexistro xeral da institución provincial antes do 25 de xaneiro.
Dende a concellería de emprego e
desenvolvemento local, que dirixe Mª Sol. Valado, se axudará na tramitación de
toda a documentación necesaria para a presentación das solicitudes, de todolos
e veciñas que así o demanden, así como calquera outra información ou aclaración
que necesiten, podendo dirixirse directamente ao CDL ou chamando ao teléfono
986640000-Ext. 2106 ou no 986661050.