ISTO É UN ACTO, NON UNHA RODA DE PRENSA'', DIXO O CANDIDATO SOCIALISTA
A prensa ourensá planta a José Blanco pola súa negativa a responder preguntas
[25/04/2014] O PSdeG convocou onte ás 12.00 horas aos medios de comunicación para un acto preelectoral en Ourense do seu candidato ás europeas, José Blanco. A pesar de requirir a presenza dos xornalistas, o exministro non quixo responder ás súas preguntas.
Ao chegar ao lugar anunciado (o antigo Banco de España da capital ourensá) Blanco dixo que só ía falar das eleccións europeas e, despois de facer un percorrido pola sala de exposicións do inmoble para ser fotografado, cando se lle pediron unhas declaracións, dixo: "Isto é un acto, non unha roda de prensa". Tras esta resposta, todos os medios decidiron abandonar o lugar. (Segue lendo...)
MIGUEL ASCÓN OURENSE
|
|