Pladesemapesga valora negativamente o
labor de Agustín Hernández á fronte de Medio Ambiente.
As principais organizacións
mediambientalistas de Galicia fan unha valoración negativa da xestión de
Agustín Herandez á fronte da Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia).
O Presidente da Plataforma
en Defensa do Sector Marítim Pesquero de Galicia "PLADESEMAPESGA",
Miguel Delgado, suspende a xestión do exConselleiro calioficándoa como
"moi grave e totalmente deficiente" e afirma que "deixou un mal sabor
de boca e destrución da protección do Medio Ambiente en Galicia", xestións
que nunca negociou co sector.
"Non imos valorar unha
decisión do PP, que é unha cuestión política, pero si a etapa" de Agustin
Gernández na Xunta de Galicia, Medio Ambiente, que foi "negativa" e
"moi deficiente", indica Delgado.
Ao seu xuízo, a protección e
a conservación do medio ambiente converteuse nunha preocupación e nun
obxectivo, para as entidades ambientalistas de Galicia. De feito con Agustín
Hernández disparáronse as denuncias e manifestacións, destrución de espazos
protexidos, abandono das xestións protectoras pendentes , sirva de exemplo o
malestar e total abandono das Fragas do Eume despois do incendio que destruíu
as mesmas, promesas en saco roto e culpables gozando da súa total impunidade,
veciños do Eume denuncian que coa chegada de Agustín Hernandez á Xunta perdeuse
o respecto pola natureza..
"Lla constatado que a
definición de protección e perceptores de axudas para organismos ambientalistas
é e fué na súa etapa unha tomadura de pelo, porque os apoios económicos
seguiranse concedendo de forma partidista, por designación directa sen
concurrencia pública, con toal opacidad e sen resultados á vista, engadiu.
Agustín Hernández deixou o
Medio Ambiente no chasis, mostras do seu talante antidemocrático, coa súa
xestión ante as organizacións cuxa representatividad esta legalmente
constiotuida, sen garantías democráticas, poñendo o diñeiro público, ao servizo
de "sociedades anónimas" e non do Medio Ambiente.
Os veciños de Santiago, con
estes antecedentes terán que valorar nun espazo de tempo moi corto as súas
valoracións na futura xestión que arrastra disconformidades en todos os
sectores de Galicia relacionados co Medio Ambiente, ao que hai que sumar a
maior cadea de corrupción nun curto espazo de tempo do seu partido político no
cargo ao que fué trasladao polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez
Feijóo, máis inetresado en favoretismos políticos e de control, que nos
intereses dos cidadáns de Galiciaa os que din representar.
Pladesemapesga non ten nada
que agradecer ao señor deputado Hernández no seu goberno en Medio Ambiente da
Xunta de Galicia, a salvo da mesma clasificación de forma negativa, prodigada
por perder o público que nos pertece a todos os ciudadans sen atopar ningún
beneficio para Galicia e os seus recursos.
|
|