A
MIT celebra 35 anos e 50 de Abrente nun momento de plenitude e gran poxección
social.
A
dimensión popular dun festival comprometido, que é quen de suscitar o interese
dun público diverso e tamén das dinámicas máis vangardistas nacionais e
internacionais, volve refrendarse nun ambicioso programa con coproducións coa
escena galega, estreas internacionais no país e un conxunto de actividades
diversas arredor da creación e da difusión.
O
teatro documento, o teatro físico, o novo circo e a construción da identidade,
liñas fortes nesta edición de 2019.
Un festival que tiña o
reto de manifestar con evidencias os seus potenciais e a súa condición de
capital teatral de Galicia por vontade popular, foi evolucionando ao longo
destes anos ata chegar ao que hoxe é: un caleidoscopio cultural que nos anima,
que nos incita, que nos estimula dende o contexto máis cercano ata unha visión
periférica. No cartel recóllese ese espírito en imaxes: compañías que estrearon
en Ribadavia nestes dez últimos anos e cuxos efectos permanecen. Porque as
dinámicas do teatro non levan data de caducidade, porque as leis do teatro non
son as do mercado, porque o teatro non é industria. Ribadavia é contexto
fértil, laboratorio, demostración de mudanzas que producen vento a facor para a
creación escénica e para o público, dende a liberdade e a independencia de
criterios e xestión.
Preparamos un programa
festivo, enérxico, diverso, galego, internacional, único e comprometido.
Contamos contigo, con todas e todos. Queremos ofrecer un programa diverso que
garanta o dereito de todas as franxas sociais á arte escénica de alta
cualidade. Ao teatro físico, ao novo circo, ao teatro textual, ao teatro de
obxectos, aos espectáculos máis premiados e ás estreas, ás apostas polos nosos
grandes creadores e creadoras, como facemos con Chévere ou con Federico Pérez,
Santi Romay, Evaristo Calvo ou Iria Pinheiro, grandes intérpretes do noso
audiovisual e do teatro, con Larratiz, con Voadora, Sincronacidas ou con
Pistacatro. Pero Ribadavia tamén quere seguir sendo o porto de chegada do
teatro internacional máis relevante. Podemos destacar Teatro línea de sombra,
de México, que nos presenta unha peza referente de teatro documento (liña forte
desta edición) cun tema moi actual: as migracións e os conflitos na fronteira
entre os EEUU. e México. Peza que explora as nocións de
identidade cultural, as relacións entre o real e o virtual, entre o documental
e o ficticio. Bordada nun proceso que vai da instalación á acción escénica, da
improvisación con obxectos á construción de paisaxes, que van enfiando motivos
e a narrativa visual do espectáculo. Paralelamente, unha voz flúe como materia
sonora, como sinal de identidade e paisaxe sonora da posta en escena. As
linguaxes tecnolóxicas, a presenza física dos actores e dos obxectos son os
vehículos para este tránsito cara Amarillo.
A nosa idea é que o teatro non
caduca, non obedece ás regras do mercado e da industria, non debe estar exposto
ás leis do consumo liberal capitalista. Por ese motivo e por outros queremos
estrear en Galicia, 10 anos despois da súa estrea, esta peza emblemática do
Teatro Documento e acompañala do maxisterio da creadora escénica Alicia Laguna,
cun obradoiro de creación. MIT 2019. Esta paradigmática obra obtivo o Premio á mellor obra estranxeira en New York, “20l2 ACE Awards”e o Premio do Público “Festival EXPONTO” Lubjana
Eslovenia.
Quixemos pór un espello
no cal mirarnos para ver o que facemos como sociedade, como individuos e tamén
o que fixemos ao longo destes anos como festival. Que mellorar? Como progresar?
Cal a nosa historia? Que podemos aprender do pasado? Como avanzar en relación á
igualdade, as novas masculinidades, os dereitos humanos, a xustiza social?
Tantas preguntas, tantos espellos que forman un caleidoscopio único, o da MIT:
amalgama de formatos, actividades, encontros excepcionais cun selo propio,
xenuíno, cunhas raíces fondas que darán novos froitos nunha paisaxe de
liberdade, mudanzas, emocións e afectos.
A inauguración correrá a
cargo da compañía arxentina Un poyo Rojo, que presenta un espectáculo aclamado
polo público e que se poderá ver este verán en Ribadavia, no festival de
Edimburgo, na Bienal de Venecia ou no festival de Almada. Un proxecto creado
dende a intimidade por Lucianno Rosso e Nicolás Poggi que naceu hai 10 anos, ao
igual que Amarillo, de México e que
agora o público galego terá a oportunidade de ver no seu festival internacional
de teatro. Un poyo rojo trata dende as técnicas do teatro físico e da danza o
tema das novas masculinidades, cuestión que tamén aborda o premiado espectáculo
inTarsi, da compañía de circo “eia”. Outro tema importante que enfía a
programación deste ano é a violencia exercida contra a muller.
A clausura do festival
será o día 27 de xullo, cun espectáculo festivo de Voadora, compañía que
acompañou en varias coproducións a este festival nos últimos anos e que viviu
conxuntamente unha proxección e estímulos comúns. Será un espectáculo con
música electrónica dentro da Igrexa da Madalena, todos os vatios precisos para
celebrar o teatro que se sente. Será despois de Jauría, estrea en
Galicia do gran espectáculo protagonizado pola actriz María Hervás. Dramaturxia
a partir das transcricións do xuízo realizado a La Manada, construído con
fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en
variosmedios de comunicación. Unha ficción documental a partir dun material moi
real,demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente da vítima e do
vitimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa
intimidade persoal cós denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de
masculinidade e a súa relación co sexo da nosa sociedade.
Entre os espectáculos
internacionais destaca tamén Olivier de
Sagazan, artistas que naceu no Congo, aínda que agora vive en Francia. Leva
anos investigando e creando, saltando da presentación das súas obras en museos
a festivais, dende o London Mime Festival ata festivais de títeres e escenarios
dende a India, China ou os Estados Unidos, e agora na MIT de Ribadavia,
festival que comparte unha das liñas mestras deste creador: hibridar linguaxes
e non recluílas nun ámbito exclusivo ou restrinxido a esa disciplina
artísticas. Pezas permeables e imposibles de categorizar, dende o impactante
momento e lugar diverso de encontro co público ata as fontes creativas, que van
da fotografía, á escultura, a performance ou a pintura. Considerado como un
referente da arte macabra, as súas insólitas creacións e a súa metodoloxía
foron recollidas no documental Samsara (2011), de Ron Fricke. Transfiguración
é a historia do desexo incondicional do escultor de levar a súa creación á
vida. Nun xesto de desesperación, entra no seu barro para darlle vida. Escolpe
barro na cabeza, enterrándose no material, erradicando a súa identidade e
convertíndose nunha obra de arte viva, nalgún lugar entre os títeres e o
titiriteiro. Porén, cando o material o persegue, vese obrigado a mirar cara
adentro, ata as profundidades do seu ser, nun exercicio fascinante, expresivo e
total.
Ao
lado de estreas, a MIT presenta espectáculos premiados e recoñecidos como
A.K.A., que chega de Barcelona con 2 Premios Max, 4 Premios Butaca ou 3 Premios
Teatro Barcelona. Peza íntima que se presenta na Igrexa da Madalena, pero na
rúa tamén haberá espectáculos moi destacables como Mulïer, dos valencianos
Maduixa (4 Premios das Artes Escénicas valencianas, 2 Premios Max ou o Deventer
Award pola contribución ás artes de rúa, entre outros).
A
venda de entradas da MIT estará dispoñible a partir do día 1 de xullo na oficina
do Festival (Praza Maior, s/n) ou na web www.ataquilla.com Ata o 1 de xullo, poderán reservarse os Abonos para
todos os espectáculos do Castelo, na Casa da Cultura de Ribadavia ou ben no
teléfono 988471900 ou no correo info@mitribadavia.com
PROGRAMA 35ª
EDICIÓN MIT RIBADAVIA
Día 18 // OFF con Teatro do Vilar, “Aspirina para dous”.
Apoio da MIT ao teatro de base, teatro afeccionado de Ribadavia. 23.00h –
Auditorio do Castelo.
20:00 – Igrexa
da Madalena – Residencia Paraíso – Irene Cantero – Madrid.
Día 19 // VENRES
16:00- 18:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura – Curso “Teatro documento” con Alicia Laguna- Teatro Línea de Sombra
(México)
20:00 Igrexa
da Madalena – Inauguración oficial da MIT 2019.
21:00 – Praza
Maior (Ruadavia) – Oyun – El Fedito – Comunidade Valenciana.
23:00h – Auditorio do Castelo – Un poyo rojo–
Un poyo rojo – Arxentina.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 20 // SÁBADO
10:00- 14:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura – Curso “Teatro documento” con Alicia Laguna- Teatro Línea de Sombra
(México)
20:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Brimborions
– Picto Facto – Francia.
23:00 – Auditorio do Castelo – inTarsi –
Compañía de Circo “eia” – Cataluña.
1:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Brimborions
– Pico Facto – Francia.
Día 21 // DOMINGO
10:00- 14:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura - Curso “Teatro documento” con Alicia Laguna- Teatro Línea de Sombra –
México.
20:30 – Igrexa
da Madalena – Nun cuarto da rotonda. A última cinta de Krapp + O montacargas
– Acusmaser Opus – Galicia.
23:00 – Auditorio do Castelo – Amarillo– Teatro
Línea de sombra – México.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 22 // LUNS
10:00- 14:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura – Curso “Teatro documento” con Marían Bañobre e Santiago Cortegoso -
Ibuprofeno Teatro.
20:00 – Santo André (Programa
SputMIT – satélites da MIT) – Dona Barriga Verde – Larraitz Producións
Artísticas – Galicia.
21:00 – Igrexa da Madalena – Debate.
Nun cuarto da rotonda: a escenificación de Beckett e Pinter – Acusmaser –
Galicia.
23:00 – Auditorio do Castelo – Los bancos
regalan sandwicheras y chorizos – José y sus hermanas – Cataluña.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 23 // MARTES
10:00- 14:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura – Curso “Teatro documento” con Marían Bañobre e Santiago Cortegoso -
Ibuprofeno Teatro.
12:00 – Resolución do 13º Premio Abrente – Salón
de actos do Concello de Ribadavia (Praza Maior). Lectura da Acta e Presentación
do libro “O día no que bicar a terra”, de Avelina Pérez, Premio Abrente 2018.
20:00 – San Cristovo (Programa SputMIT – satélites
da MIT) –Dona Barriga Verde – Larraitz
Producións Artísticas – Galicia.
23:00 – Auditorio
do Castelo – Orquestra de malabares – Pistacatro e Banda La Lira de
Ribadavia – Galicia.
1:00 – Acto de entrega dos
Premios Abrente e de Honra da MIT 2019.
Día 24 // MÉRCORES
10:00- 14:00 - Auditorio Manuel María da Casa da
Cultura – Curso “Teatro documento” con Marían Bañobre e Santiago Cortegoso -
Ibuprofeno Teatro.
20:00 – Igrexa da Madalena – A.K.A.
(Also Known As) – Flyhard – Cataluña.
21:30 – Praza Maior (Ruadavia) – Mulïer –
Maduixa – Comunidad Valenciana.
23:00 – Auditorio do Castelo – Transfiguration
– Olivier de Sagazan – Francia.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 25 // XOVES
20:00 – Alameda (Ruadavia) – Gaudeamus – La
Chana – Castela e León.
21:30 – Foros MIT: Presentación do número 97 da
Revista Galega de Teatro. Coloquio arredor do tema central do número: censura
na creación.
23:00 – Auditorio do Castelo – Curva
España – Chévere en coprodución coa MIT, Teatros del Canal e Concello de
Teo – Galicia.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 26 // VENRES
12:00 – Foros MIT. Mesa de traballo: “O terceiro
sector nas Artes Escénicas”.
20:30 – Francelos (Programa SputMIT – satélites da
MIT) – Oh!Limpiadas – Cia. Sincronacidas – Galicia.
23:00 – Anatomía dunha serea – A
Berberecheira de Chévere – Galicia.
Foros MIT: coloquio posfunción
Día 27 // SÁBADO
20:00 – Salón de Actos da Casa do Concello – Acto
de celebración do 50 aniversario de Abrente e Homenaxe a Ernesto Chao.
23:00 – Auditorio do Castelo – Jauría
– Kamikaze – Madrid.
1:00 – Igrexa da Madalena – Hemos venido a
darlo todo – Voadora – Galicia.