Concellería
de Emprego e Cámara de Comercio organizan un curso no Concello de Ponteareas sobre as novidades da
Reforma Laboral
O vindeiro mes de xullo, o Concello de
Ponteareas, a través da Concellería de Emprego que dirixe Marisol Valado e a
Cámara de Comercio de Vigo, porán en marcha un curso sobre a Reforma Laboral.
Este curso ten como obxecto coñecer as
modificacións levadas a cabo nesta norma, no tocante aos contratos laborais,
así como, dar a coñecer aos interesados o alcance desta reforma e os
condicionantes de dita regulación nas condicións de traballo.
Os temas a tratar abranguen aspectos tales
como: as modificacións producidas no réxime de extinción de contratos por
causas obxectivas; medidas que favorecen a flexibilidade interna; suspensión de
contratos e reducións de xornadas por causas económicas, técnicas,
organizativas ou de produción; modificacións ao estatuto de traballadores en
materia de contratos ou medidas para favorecer o emprego.
Segundo a responsable municipal de
Emprego, Marisol Valado, o que se busca con este tipo de cursos é o manter o
máis informados posibles, tanto a empresarios como a traballadores, “para
que en todo momento sexan perfectamente coñecedores tanto dos seus dereitos
como os seus deberes como traballadores ou empregadores”; unha maneira de
apoiarse nas últimas medidas tomadas para favorecer e apoiar o fomento de
emprego.
O curso, que será impartido polo avogado
Ignacio Olcoz, terá unha duración de 6 horas, e celebrarase entre os días 17 e
20 de xullo, en horario de 15:00 a 16:30 horas no Centro de Desenvolvemento
Local. As prazas son limitadas, polo que será necesaria a inscrición previa. Os
interesados e interesadas en inscribirse ou obter máis información, poden
chamar ao 986 66 16 80
|
|
