Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

viernes, 29 de junio de 2012

XX Aniversario da Escola Infantil Municipal de Ponteareas

XX Aniversario da Escola Infantil Municipal de Ponteareas


 ANXO GUTIERREZ- PERIODISTA VP

A Escola Infantil Municipal de Ponteareas celebrou na tarde de hoxe un emotivo acto co gallo dos seus primeiros vinte anos de servizo, logo da súa posta en marcha no mes de marzo de 1992. O acto tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo e estivo presidido polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado da deputada provincial, Marta Iglesias; a concelleira delegada do servizo, Marisol Valado Pérez, amais de membros da Corporación Municipal ponteareá e nais e pais tanto de alumnos como de ex alumnos.
No decurso do acto, as actuacións compartiron protagonismo cun documental realizado por Canal Tea Televisión, no que se facía un percorrido por estes 20 anos dun centro que forma parte indisoluble da historia recente de Ponteareas.
Dende a súa posta en marcha, en 1992, a Escola Infantil Municipal pasou das 38 prazas ás 76 nunha primeira ampliación realizada no ano 1995 e ás actuais 132 prazas logo da remodelación realizada no ano 2005, xa con Salvador González Solla na Alcaldía de Ponteareas.
O alcalde González Solla, falaba nas súas palabras, da importancia que tivo este centro “á hora de que os nosos fillos e fillas deran os primeiros pasos tanto no que fai referencia á educación, como á súa relación con compañeiros e compañeiras” nese sentido, destacaba o rexedor ponteareán, a importancia dos profesores que ao longo destes anos pasaron por este centro, “xa que contribuíron a formar aos nenos e nenas, inculcándolles dende moi novos, valores como o compañeirismo e a tolerancia, traballando para formalos como persoas”.
A Nova Escola Infantil que se construirá en Ponteareas, tamén tivo o seu protagonismo neste XX Aniversario da Escola Infantil Municipal. Un panel explicativo, situado na entrada do Auditorio Reveriano Soutullo, amosaba a todos cantos asistiron a este acto, o plano da nova infraestrutura educativa de Ponteareas que ocupará preto dos 2.500 metros cadrados da superficie total da parcela, quedando os outros 4.500 destinados a ser o novo parque urbano de Ponteareas.

A propia concelleira Marisol Valado, sinalaba nas súas palabras que “a pesar da chegada dunha nova escola infantil, esta será sempre a irmá maior e, como tal, sempre terá un lugar especial no recordo de todos nos”.
Foi, en suma, un acto entrañable para todos os presentes, algúns cos cales, xa adultos, foron alumnos no seu día deste centro que foi o exponente claro do desenvolvemento demográfico de Ponteareas.
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger