Os membros
do equipo de goberno con dedicación exclusiva renuncian á paga extraordinaria
de nadal
Os dous
membros do grupo de goberno que contan con dedicación exclusiva, o alcalde
Severino Rodríguez, e a concelleira Pilar López Martínez, renunciarán á paga
extraordinaria de decembro en solidariedade cos funcionarios, que se verán
perxudicados polo recorte das súas retribucións acordado polo Goberno do
Estado.
A
decisión de suprimir a paga extraordinaria de Nadal decidida polo Executivo do
Partido Popular non afecta ás retribución de alcaldes e concelleiros con
dedicacións exclusivas.
Por
coherencia e solidariedade coas traballadores das Administracións públicas,
Severino Rodríguez e Pilar López, concelleira de Benestar Social, decidiron
voluntariamente renunciar ao seu cobro
e reiteron as críticas á decisión
do Goberno do Estado pola adopción dunha medida "inxusta e de limitada
eficacia para resolver os auténticos problemas financeiros".
A
concelleira de Benestar Social, Pilar López inistiu en que "a solución non
é unha política de austeridade aplicada unicamente aos máis débiles, para
transferir os custes da crise aos traballadores públicos e as súas familias
terá ademais consecuencias negativas sobre a actividade comercial debido á
perda da súa capacidade de consumo”.
|
|