ULTIMA XUNTANZA PREPARATORIA DA CAMPAÑA INFORMATIVA DA INICIATIVA “XUVENTUDE EN MOVEMENTO – YOUTH ON THE MOVE” A CELEBRAR EN TUI O 26 E 27 DE OUTUBRO
No día de onte, martes 16 de outubro,
na Casa do Concello de Tui celebrouse a última xuntanza de organización da
campaña de difusión que organiza a Comisión Europea na nosa cidade na vindeira
fin de semana, concretamente o venres 26 e o sábado 27 de outubro, baixo a
denominación de “Xuventude en movemento”.
No decurso da mesma participaron
representantes da Dirección Xeral de Relaciones Exteriores e coa Unión Europea
da Xunta de Galicia, da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui. Esta
xuntanza serviu para repasar o programa previsto e para comprobar as
necesidades de infraestructuras que precisa este evento.
Para o desenvolvemento desta xornada
ao longo da vindeira semana será instalada una carpa no Paseo da Corredoira tudense que acollerá ao
longo do venres 26 e o sábado 27 un amplo programa de actividades. Esta campaña
que promove a Comisión Europea se realiza en 35 cidades de europea, escollendo
a Eurocidade Tui –Valença pola súa significación da Eurorrexión Galicia Norte
de Portugal.
O Concello de Tui agradece a
colaboración dos veciños e dos establecementos comerciais do Paseo da
Corredoira que terá ao longo dos vindeiros días certas incomodidades derivadas
da montaxe da carpa neste lugar, onde está previsto acoller ao longo desta xornada
a mais dun millar de mozos e mozas.
“Xuventude en movemento” achega ata a
Eurocidade Tui – Valença información de primeira man sobre os numerosos
programas europeos existentes en materia de emprego, formación, educación,
emprendemento dirixidos ao sector da mocidade europea. Cómpre salientar como moitas destas
iniciativas son escasamente coñecidas e a celebración deste evento abre as
portas ás oportunidades que dende os diversos programas da Unión Europea se
ofertan aos mozos e mozas.
Nesta carpa haberá stand informativos de,
entre outros, Europa Direct, Eures Transfronteirizo, Fundación Galicia Europa,
Erasmus para Emprendedores, a Dirección Xeral de Educación, etc.
Xunto a esto hai un amplo programa de
actividades lúdicas que abarca, entre outras, un concerto o venres á noitiña a
cargo do grupo de Coimbra, A Jigsaw, e o quinteto vigués Maryland; unha andaina
para os Erasmus e calquera que queira participar entre Valença e Tui o sábado á
mañá, miniconcertos, actividades artísticas e un espectáculo de maxia con Martín Camiña para clausurar o encontro ás
20,00 horas do sábado 27 de outubro.
“Xuventude en Movemento” é unha
iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na
actualidade os mozos e mozas e así axudalos a que teñan éxito na economía do
coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende
fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a
xuventude. Para dar a coñecer esta iniciativa a Comisión Europea está a
desenvolver en diversas cidades europeas unha campaña de información e
sensibilización, en colaboración coas autoridades rexionais e locais, e chega á
Eurocidade Tui-Valença os vindeiros 26 e 27 de outubro.
Facebook: http://www.facebook.com/XuventudeEnMovemento
Twitter: https://twitter.com/JEM_XEM
|
|