Que é a economía social
É o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos os dous
A propiedade está en mans do colectivo dos seus traballadores e socios, os que polo tanto asumen todo o protagonismo na toma de decisións e na marcha da actividade que desenvolven. O papel central que asumen os traballadores e socios outorga a estas empresas unha serie de características moi particulares e valiosas, que en especial son adecuadas para atender diversas demandas, inquietudes e problemáticas do mundo actual, ligadas aos profundos e rápidos cambios que está experimentando o conxunto da sociedade e a economía.
Entre os valores que posúen as empresas de economía social, cabe destacar:
- Primacía das persoas e do fin social sobre o capital, que se concreta en xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de decisións máis en función das persoas e as súas achegas de traballo e servizos prestados á entidade ou en función do fin social, que en relación ás súas achegas ao capital social.
- Os traballadores e socios convértense en protagonistas da marcha da empresa, implícanse e comprométense con ela, e promovendo o desenvolvemento de sistemas democráticos e pluralistas de decisión e de traballo.
- Procúrase un emprego estable e de calidade, lévase a cabo un esforzo especial na formación e cualificación dos traballadores, e abordarase dun modo especial a conciliación da vida laboral e persoal. Promocíonase a solidaridade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, e a sostibilidade.
- Os grupos de emprendedores poden ver plasmadas as súas ideas en proxectos colectivos económicamente e socialmente viables.
- As actividades económicas tenden a estar moi adaptadas aos territorios, tanto no que se refire aos recursos materiais que se dan neles como ao capital humano de que dispoñen debido ao feito de que os traballadores e socios residen maioritariamente no mesmo. A consecuencia é que a xeración de emprego e riqueza permanece ancorada xeográficamente, e optase pola sostibilidade e o coidado do entorno natural e do patrimonio, asumindo un claro compromiso de mellora e desenvolvemento coa comunidade na que se asentan
- Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo achegado e servizo ou actividade realizada polas socias e socios ou polos seus membros e, no seu caso, á fin social obxecto da entidade.
Todas estas cualidades fan que se considere ás empresas de economía social como un modelo de empresa ética, comprometido coas persoas e coa sociedade, capaz de harmonizar unha necesaria función económica cunha importancia función social.
|