O
alcalde de Santiago
reuniuse co secretario de Estado
de
Infraestruturas, quen lle anunciou o inicio
das
obras do túnel de Conxo en outubro
- Rafael Catalá
tamén confirmou a Agustín Hernández que este mesmo ano comezará a
tramitación do proxecto para ampliar os acceso ao polígono do Tambre
- No caso da Estación Intermodal, o alcalde
trasladoulle a necesidade de acometer o antes posible una planificación
realista
O alcalde de Santiago, Agustín
Hernández, mantivo na tarde de onte unha reunión no Pazo de Raxoi co secretario
de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, á que tamén asistiron o director
xeral de Estradas, Jorge Urrechu, e o xefe de Demarcación de Estradas en
Galicia, Ángel González del Río.
O alto cargo do Ministerio de Fomento
repasou co rexedor municipal os proxectos inmediatos que o Estado levará a cabo
en Santiago en materia de infraestruturas. Catalá confirmou a Hernández que o
vindeiro mes de outubro comezarán as obras do túnel de Conxo, que actualmente
xa están adxudicadas.
O novo paso inferior do periférico de
Santiago será realidade nun prazo de 12 meses, logo dun investimento de mais de
7 millóns de euros. O proxecto, que aliviará o tráfico na actual glorieta de
Conxo, suporá un avance moi importante na mobilidade desta zona da cidade que
utilizan diariamente 35.000 vehículos.
Ampliación
dos accesos ao polígono do Tambre
O secretario de Estado de
Infraestruturas e número 2 do Ministerio de Fomento, Rafael Catalá, tamén
abordou co alcalde de Santiago unha reivindicación histórica dos empresarios do
Polígono do Tambre, como é a ampliación dos accesos a este parque empresarial.
Rafael Catalá asegurou que a intención
do Ministerio é comezar este mesmo ano a tramitación do proxecto, que contempla
a duplicación da calzada na ponte sobre a estrada N-550, co obxectivo de
incrementar a súa capacidade e solucionar os atascos habituais neste punto.
Estación Intermodal
En
relación coa Estación Intermodal, o alcalde trasladoulle ao secretario de
Estado de Infraestruturas a necesidade de acometer o antes posible una
planificación realista e con investimentos concretos para levar a cabo este
proxecto tan necesario para Santiago.
|