PREPOTENCIA, FALTAS DE
RESPECTO E AUTORITARISMO. A PARTICULAR VISIÓN DA DEMOCRACIA DE EVA GARCÍA DE LA
TORRE
Desde o Partido Popular
do Porriño esiximos as desculpas públicas da Sra. García de la Torre polas súas
reiteradas faltas de respecto ao resto de corporativos e, concretamente, polo
inescusable comportamento mostrado na última sesión plenaria
A actitude
confrontadora e victimista da Alcaldesa acrecentouse co paso do tempo, pasando
de ser condenable a intolerable
O Porriño, 7 de febreiro de 2017.- A prepotencia, as faltas de respecto
e o ton condescendiente de Eva García de la Torre caracterizan por norma os
plenos da corporación local do Porriño. A rexedora parece non acabar de
entender en que consiste a súa función de representante dos cidadáns e, unha
vez máis, no pasado pleno mostrou unha actitude ditatorial e impropia do cargo
que ocupa que provocou o abandono do pleno dun dos concelleiros da oposición.
Este non foi o primeiro en tomar esta determinación, o noso grupo viuse
obrigado a abandonar o salón de plenos nalgunha ocasión polo mesmo motivo, as
intolerables faltas de respecto da señora Eva García de la Torre.
O ambiente de tensión provocado por unha Alcaldesa que non
sabe estar á altura do cargo que ocupa e que excede, de maneira reiterada, os
límites do respecto político e persoal cara ao resto de corporativos,
imposibilita o desenvolvemento das sesións. Ante a perplexidade dos presentes,
a Sra. García de la Torre ri abertamente
cando interveñen os concelleiros dos grupos da oposición. Os seus xestos
despectivos e menosprecios a micro pechado mentres o resto de representantes
municipais interveñen evidencian a
carencia de talante democrático de quen debería mostrar un comportamento
exemplar.
E é que presididr o pleno non fixo máis que acrecentar a súa
prepotencia e poñer de manifesto a súa incapacidade para dialogar e chegar a
acordos. Eva García de la Torre abusa da súa autoridade sen titubeos, abre e
pecha os debates cando lle convén, interpela ao resto de concelleiros e mesmo
levanta a sesión cando os edís exercen o seu dereito a resposta. "Para
falar de algo hai que saber", "non é que non lle deixe falar, é que
non se lle entende cando fala", "vaia acabando que nos está dando a
chapa" ou "vostede o que quere
é que me poña de xeonllos para darme patadas no cu" son só algunhas das
intolerables e habituais respostas da Sra. García de la Torre ás intervencións
dos concelleiros da oposición.
Ante calquera crítica a alcaldesa fai gala dun victimismo
hipócrita que trata, sen éxito, de ocultar a súa incapacidade para levar a cabo
a xestión municipal e a súa falta de propostas políticas .
Unha actitude confrontadora e victimista que se acrecentou co
paso do tempo, pasando de ser condenable a intolerable. Con tal motivo, a
través deste comunicado, desde o grupo municipal do Partido Popular do Porriño
esiximos as desculpas públicas da Sra. Eva García de la Torre polas súas
contínuas faltas de respecto. Os populares do Porriño non imos avalar este comportamento nen esta
forma de facer política, polo que adiantamos que non dubidaremos en abandonar
os plenos cada vez que se falte ao respecto, se humille ou se menosprecie a
calquera corporativo. Esiximos que rectifique a súa actitude e poña freo á
parálise da actividade municipal que provoca coas súas continuas saídas de ton
.
Facemos
tamén un chamamento á responsabilidade dos outros grupos da oposición, que co
seu apoio consenten estes comportamentos.
O Porriño merece outra forma de facer política lonxe do autoritarismo, a
prepotencia e o escurantismo que practica Eva García de la Torre, que,
lamentablemente, son xa coñecidas por todos
os porriñeses
|