Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

martes, 6 de noviembre de 2018

PRIMERO FALLO XUDICIAL CONTRA O CONCELLO DO PORRIÑO POR REXEITAR E MANIPULAR FACTURAS DE PROVEDORES.


 PRIMERO FALLO XUDICIAL CONTRA O CONCELLO DO PORRIÑO POR REXEITAR E MANIPULAR FACTURAS DE PROVEDORES.

O xuíz obriga ao Concello do Porriño a aboar máis de 11.000 euros, máis intereses e custas xudiciais, á empresa que prestaba o servizo de Mantemento dos Campos de Fútbol Municipais cuxas facturas foran rexeitadas polo Concelleiro de Deportes

Manuel Carrera podería ter que responder co seu patrimonio ao dano ocasionado á facenda municipal por avalar coa súa firma o gasto
Éstas  forman parte dos mais de 2,5 millóns de euros en facturación de provedores rexeitadas polo Goberno Municipal,  moitas delas manipuladas, que están a ser investigadas penalmente

O Porriño, 2 de novembro de 2018.-  Unha sentenza xudicial obriga ao Concello do Porriño do Porriño a aboar adebedado máis intereses legais e costas xudiciais a empresa que prestou o servizo de mantemento dos campos de fútbol municipais, tal e como deu conta esta mañá o presidente dos populares M. Alejandro Lorenzo. Trátase da primeira resolución do xulgado á reclamación dun provedor de servizos do Concello cuxas facturas foron rexeitadas polo Goberno Municipal, concretamente neste caso polo concelleiro de Deportes Manuel Carrera, ao non existir contrato algún, non contar ademais con partida orzamentaria.e ser rexeitadas co conforme tachado.

Según se recolle na sentenza, a empresa demandante resultou adxudicataria en 2015 do contrato para a prestación do servizo de conservación e mellora dos campos de fútbol de herba natural e sintética do Concello do Porriño con duración ata abril de 2016, sendo prorrogable por un ano. Chegado o fin do contrato, concedeuse a prórroga estendéndose un ano máis. Unha vez finalizada non se convocou concurso público para a contratación deste servizo e dende a concellería de Deportes solicitouse á empresa que continuase co servizo, pero  as súas facturas foron rexeitadas polo concelleiro correspondente, tachadas, non conforme, asinadas polo concelleiro de Deportes e co sello de intervención onde se reflexa "ausencia de contrato".

"A resposta do concello foi que carecían de partida orzamentaria, pero sorprende descubrir que tras deixar a empresa demandante de realizar estes traballos o Concello contratou a outra empresas cuxos servizos si foron abonados", apunta Lorenzo. E é que, de xeito inmediato se realiza un contrato menor a outra empresa con duración de 3 meses pola cantidade de 20.000 euros. "En dous meses esta empresa factura os 20.000 euros, a terceira factura que presenta rexeitase por ausencia de contrato, táchanse de novo os conformes e esta queda tamén sen cobrar", continúa M. Alejandro Lorenzo, " pero non só eso, o administrador desta empresa, tal e como nos consta, continúa prestando o servizo ata marzo de 2018 mediante unha terceira empresa da que tamén é socio único".  Cabe destacar neste punto que, de xeito cando menos curioso, esta segunda empresa  contratada a dedo polo Concello do Porriño para prestar o servizo concorre ao concurso público que se convoca en abril de 2018 para o mantemento e conservación do campos municipais de fútbol e queda eliminada por non coincidir o seu obxecto social co servizo a realizar; resultando finalmente adxudicataria a empresa que prestaba os seus servizos inicialmente e que ven de obter o respaldo xudicial ás súas demandas.

"Hai que destacar neste punto que, tal e como nos consta, estas empresas pertencentes ao mesmo administrador ou socio único, unha delas contratada mediante contrato menor e a outra realizando servizos que foron abonados entre a relación existente  no decreto de  aprobación de facturas relación nº40 e 41 sen contrato por un valor de 883.373,70 € e de  levantamento dos reparos de intervención por parte da Alcaldía , curiosamente estas dúas últimas empresas presentan tamén dúas facturas (unha a nome de cada unha das empresas) por traballos de desbroces na parroquia de Chenlo, co mesmo concepto, no mesmo mes de julio , e ca mesma cuadrilla de5  traballadores, co mesmo traballo realizado por valor de máis de 42.000 euros. Ambas rexeitadas polo concelleiro delegado, co conforme tachado e o selo de intervención onde se marca `ausencia de contrato´", apunta o edil.
Os concelleiros responsables deberán responder co seu patrimonio do dano ocasionado

Na súa comparecencia ante os medios M. Alejandro Lorenzo adiantou que os populares reclamaran a responsabilidade dos edís responsables e da Alcaldesa ante o dano que se está a causar á facenda pública "tal e como sinala o secretario no seu informe, en caso de que a empresa reclame e a sentenza sexa favorable como é o caso que nos ocupa, o concelleiro ordenador do gasto está incurrindo nun claro suposto de responsabilidade patrimonial, pois o orzamento público non pode pagar os gastos derivados de intereses, costas xudiciais e intereses de demora derivados do retraso no pago dos gastos comprometidos e outros reclamables, provocados POLO REXEITAMENTO DO CORPORATIVO AO GASTO  e ao recoñecemento e pago da obra, servizo ou subministro realmente realizado que el mesmo ordenou”, indica o edil referíndose ao escrito do Secretario  Municipal que identifica como responsables destes feitos a Manuel Carrera, Eva García e Orlando Márquez.

"Non falamos só dunha factura, falamos de preto de 3 millóns de euros que se deixaron de pagar a distintos provedores que realizaban o seu traballo sen contrato e sen partida orzamentaria destinada a tal fin cuxas facturas foron rexeitadas  e están sen pagar", continúa Lorenzo, "os damnificados principais son os empresarios e autónomos, que non cobran polo traballo que realizaron véndose moitos deles nunha complicada situación, pero tamén a veciñanza que ten que aboar un elevado importe en intereses e custas únicamente pola nefasta e irresponsable xestión dun Goberno Municipal que insiste en botar balóns fora. O PP non impide que se pague aos provedores, o impide quen sella,tacha,non conforma  e devolve as facturas e eso é algo que deben aclarar dunha vez por todas ante a cidadanía"
M. Alejandro Lorenzo entende que estamos ante unha posible “estafa” aos autónomos ou empresas que traballan para o Concello, no que de maneira abusiva se reclama os seus servizos, obras ou subministros para logo rexeitar as súas facturas, ainda existindo partes de traballo e orzamentos aceptados, incluso contratos privados asinados por ambas partes sen nengún procedemento administrativo.

E é que falamos da devolución e manipulación dunhas 300 facturas de distintos provedores que están a ser investigadas, polas que o xulgado de vén de abrir peza separada, entre as que se atopan ademais do mantemento dos campos de fútbol, servizos como a recollida do lixo, xestión da piscina municipal, seguros, bandas de música, orquestras e actuacións culturais, subministro de papeleiras ou as obras de acondicionamento e mellora da Praza de Abastos...

Moitas deles están a recurrir ao Xulgado do Contencioso para poder cobrar polos traballos prestados, no que agora a novidade existente e a solicitude de suspensión a estas reclamacións á petición do Concello do Porriño alegando que existe unha causa penal aberta que investiga estas facturas, dilatando así o prazo de cobro das empresas e eludindo a posible responsabilidade patrimonial dos concelleiros ou Alcaldesa responsables e ordenantes do gasto.





 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger