Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

miércoles, 9 de enero de 2019

LA ALCALDESA DE MOS PUEDE SER QUE SE ENTERE DE COBRAR A FIN DE MES, LO QUE NO SE ACUERDA ES DE ARREGLAR LAS VÍAS PÚBLICAS NI DE LIMPIARLAS. SÓLO PUBLICIDAD PARA MANTENER SU CULO PEGADO A UNA SILLA DE ALTA RENTABILIDAD, VIVIR DEL CUENTO A CUENTA DE TODOS.


LA ALCALDESA DE MOS PUEDE SER QUE SE ENTERE DE COBRAR A FIN DE MES, LO QUE NO SE ACUERDA ES DE ARREGLAR LAS VÍAS PÚBLICAS NI DE LIMPIARLAS. SÓLO PUBLICIDAD PARA MANTENER SU CULO PEGADO A UNA SILLA DE ALTA RENTABILIDAD, VIVIR DEL CUENTO A CUENTA DE TODOS.

O Concello de Mos comeza o ano coa contratación dunha batería de 15 asfaltados que mellorarán a seguridade viaria en 7 quilómetros de viais municipais

A semana pasada aprobouse en Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación das obras necesarias para realizar dita mellora

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde mosense e concelleiro de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, e o edil de Vías e Obras, Luis Alonso, informaron hoxe de que a pasada semana foi aprobada en Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación da empresa que acometerá as obras de mellora da seguridade viaria en 15 camiños do municipio. Dos viais que serán mellorados 3 pertencen á parroquia de Mos, 2 á parroquia de Sanguiñeda, 3 á parroquia de Tameiga, 1 a Guizán, 2 a Louredo, 3 a Cela e 1 a Petelos.
Entre os 15 viais suman unha lonxitude total de 6.971,58 metros cuxo firme será optimizado grazas a estes traballos que se atopan en proceso de contratación. No Camiño da Estrada, parroquia de Sanguiñeda, asfaltarase unha lonxitude de 495 metros, no Camiño de Espaín, parroquia de Mos, 1.008,30 metros, no Camiño a Torroso, parroquia de Sanguiñeda, 951,81 metros, no Camiño Cacheno, parroquia de Tameiga, 460 metros, na Estrada de Generoso Domínguez, parroquia de Tameiga, 139,09 metros, no Camiño do Pazo, parroquia de Guizán, 624,81 metros, no Camiño dos Cacheiros, parroquia de Louredo, 342,35 metros, no Camiño Sobreiro, parroquia de Cela, 389 metros, no Camiño Maceira, parroquia de Cela, sobre 300 metros, no Camiño do Campiño, parroquia de Cela. 191,69 metros, no Camiño de Caforra, parroquia de Tameiga, 348,22 metros, no Camiño da Rúa, parroquia de Mos, 409 metros, no Camiño de Almuíña, parroquia de Louredo, 203,94 metros, no Camiño Ponte do Río, parroquia de Mos, 529,98 metros e no Camiño Carballo Queimado, parroquia de Petelos, 578,39 metros.
Todos eles presentan actualmente pavimento de asfalto, a excepción de pequenos ramais en algún deles (en concreto en dous). En moitos deles nestes últimos 20 anos realizouse a rede municipal de sumidoiros coas respectivas acometidas domiciliarias e case todos posúen traídas veciñais de auga (con canalizacións de máis de 20 anos de antigüidade), que presentan roturas semanais (o cal ocasiona a realización de reparacións e reposicións de asfalto puntuais). É por elo que os pavimentos presentan un estado deteriorado que urxía a reposición de firme.
Posto que o Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, polo que cada ano realiza un Plan Anual de Mellora de Viais Municipais acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños; a administración local realizará agora esta obra mediante a que executará estes 15 traballos en 15 camiños e estradas de diferentes parroquias da localidade mosense.
O orzamento de licitación destas obras ascende a 416.987,26 euros. Unha vez iniciados os traballos, estímase un prazo aproximado para execución das obras de 31 semanas.
Estas obras de mellora da seguridade viaria no Concello de Mos, comprenderán actuacións previas de desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros; rehabilitación de firmes e pavimentos con regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm. de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto, adoptándose en función do estado no que se atope o camiño, entorno o 20 e o 30 % da superficie total.
O recrecido consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste, estendida e compactada. Previa á extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.
Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Tamén se acometerán obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Un exemplo da realización de obras adicionais é a que se pretende realizar na Estrada de Generoso Domínguez, na que se prevé realizar unha recollida das augas procedentes da Autovía, que todos os invernos inunda a estrada, e a construción dunha beirarrúa para que os peóns non teñan que sortear os coches existentes no beiravía. Asemade procederase a limpeza das táxeas existentes, para mellorar a evacuación das cunetas.
E por último dotarase aos camiños con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións nas interseccións e no camiño da Estrada disporanse tres lombos que consigan aminorar a velocidade coa que circulan os vehículos pola mesma.
Para estas 15 obras de reposición do firme concedéuselle ao Concello de Mos unha subvención con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger