Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

martes, 12 de junio de 2012

A Concellería de Emprego abre outros canles de información sobre posibles ofertas de emprego



A Concellería de Emprego abre outros canles de información sobre posibles ofertas de emprego

Ponteareas, 12 de xuño de 2012
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira de Emprego, Marisol Valado, mantiveron unha reunión con representantes da empresa ADECCO co fin de que dita empresa faga chegar, ao Centro de Desenvolvemento Local, todas as ofertas de traballo nas que poidan participar os desempregados do municipio.
En virtude do convenio acadado, o Concello limitarase, única e exclusivamente, a dar publicidade ditas ofertas. Tal e como explicaba a concelleira Marisol Valado, “en ningún caso o Concello fará ningún tipo de intermediación, nin porá en contacto aos demandantes de emprego nin con esta nin con ningunha outra empresa de emprego temporal coa que poidan subscribir acordos similares”.
O Concello porá a disposición da empresa, sempre en función da dispoñibilidade, os locais para o desenvolvemento das entrevistas de traballo “sempre en relación coas ofertas de emprego para a xente do noso concello” explicou Valado Pérez.
Marisol Valado explicou que o acordo acadado, “que ten única e exclusivamente carácter informativo”, permitirá que os desempregados e desempregadas do municipio ponteareán, “poidan ter información sobre ofertas de traballo que poden ser do seu interese”.
A titular de Comercio sinalou que nestes tempos de dura crise que estamos a vivir, “a Concellería de Emprego ten case que obriga de achegar a veciños e veciñas toda a información sobre as posibles ofertas de traballo que, nese momento, existen no mercado”.
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger