A CIG, APOIA A CONCENTRACIÓN DESTE SÁBADO 26 EN CONTRA DA SUBA DO RECIBO DA LUZ.
A Confederación Intersindical Galega da comarca de Vigo, quer manifestar publicamente o seu apoio a concentración convocada pola Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “ Eduardo Chao”,este vindeiro sábado 26 de febreiro ás 12:00 diante das oficinas de Unión Fenosa no barrio de Teis, contra a suba do recibo da luz.
A decisión do goberno central (PSOE) de subir o prezo da luz suporá que a partir do mes de marzo pagaremos case un 10% no recibo, que supón un incremento en máis do 53% nos últimos 4 anos.
Esta medida afectará unha vez máis as clases traballadoras que xa temos grandes dificultades para chegar a final de mes e esta decisión segue afondando no empobrecendo das nosas económicas.
Unha vez máis o goberno central (PSOE), segue tomando medidas nun período de grave crise económica, favorecendo os intereses dos grandes grupos económicos, neste caso das compañías eléctricas, que xa teñen grandes beneficios anualmente.
A electricidade é un servizo básico para todos/as non pode ser un beneficio para uns poucos, como pretende o goberno central (PSOE) con esta e outras medidas, que só beneficia ao grande capital.
Desde a CIG, facemos un chamamento aos traballadores/as para participar nesta concentración deste sábado 26 de febreiro ás 12:00 horas.
Asdo. Serafín Otero Fernández.
Secretario comarcal
Máis información: Anxo Igrexas (Secretario de Organización) Tel. 661215300
|