Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

lunes, 6 de agosto de 2012

V Xuntanza Cabalar do Club Toxo e Auga Fría


V Xuntanza Cabalar do Club Toxo e Auga Fría

Os días 17, 18 e 19 de agosto no Monte de Trabazos, Mos

O Club Hípico Toxo e Auga Fría organiza a súa V Xuntanza Cabalar que se celebrará no Monte de Trabazos os días 17, 18 e 19 de agosto.

O venres 17 de agosto terá lugar unha chourizada gratuíta a partir das 21.30 horas e ás 00.00 horas actuará o Dj Pacha. O sábado 18 a marcha cabalar dará comenzo ás 10.30 horas da mañá, ás 14.00 horas celebrarase o xantar campestre no recinto de Trabazos e ás 17.00 horas realizarase o I Campeonato de Ponipolo. Tamén o sábado dende as 18.00 horas haberá paseos a cabalo de balde para os membros de Asodifisi e os nenos e nenas asistentes á xuntanza, ás 21.00 horas farase unha cea campestre e a partir das 00.00 horas actuará novamente o Dj Pacha.

Os actos do domingo, día 19, darán comenzo pola mañá, ás 11.30 horas, coas probas clasificatorias para a gran gymkhana, ás 14.00 horas será o xantar e a final da gymkhana empezará ás 16.30 horas. Para rematar esta xuntanza, ás 17.30 horas do domingo celebrarase a gran proba de salto e a partir das 18.30 horas as cucañas. Tamén o domingo a organización da xuntanza porá disposición dos máis pequenos unha colchoneta totalmente gratis.

Todas as persoas que desexen acampar durante a fin de semana contarán cunha zona habilitada para elo.  
 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger