Últimas Noticias

EIA FORMACIÓN CURSOS ESPECIALIZADOS

Última Hora

Portada

Sociedad

Sucesos

martes, 6 de diciembre de 2011

Carlos Aymerich: «O Bloque está ante a súa última oportunidade»

Carlos Aymerich: «O Bloque está ante a súa última oportunidade»

O líder de Máis Galiza abre a porta a un acordo coa corrente de Beiras

Autor:mario beramendi

Posicionado como candidato a liderar o BNG, Carlos Aymerich (Vigo, 1967) chama a todas as correntes e familias do nacionalismo a cargarse de responsabilidade polo futuro da fronte e pola situación que vive Galicia.

-¿Qué propón Máis Galiza para renovar o BNG?

-O Bloque ten que decidir que quere ser. Un partido á esquerda do PSOE, minoritario, ou avanzar nun proxecto de construción nacional que é o que nos une a todos. Para iso ten que ser alternativa de goberno. E iso pasa por abrirse á sociedade.

-¿E como?

-Vendo a quen te dirixes. Eu veño de escoitar na campaña aos candidatos provinciais do BNG facer unha chamada a todos os galegos que lle queren a Galicia, nacionalistas ou non, e a toda a xente desencantada coa política, sexa ou non do BNG. Eu concordo con iso plenamente. Pero non podemos dirixirnos en campaña a todo ese espectro e nos once meses restantes a unha soa facción dese espectro.

-Da a sensación de que Máis Galiza está agora máis debilitada que hai dous anos, cando naceu...

-Os datos non din iso. Temos máis militantes, máis simpatizantes. E a proba foi a nosa última convención, onde máis de 500 persoas, chegadas de toda Galicia, ratificaron as nosas propostas.

-Pero a esa cita faltaron moitos, entre eles Teresa Táboas...

-Faltaron catro persoas. De relevancia era Teresa. Non sei cales son as razóns que se aduciron para a súa marcha, pero as mesmas portas que serven para saír serven para entrar.

-¿Ve posible un acordo cos «irmandiños»?

-Nós traballamos de saída coa idea de que haxa un gran consenso entre todos. No caso contrario estaríamos nunha situación moi complicada. Pero se non é posible o acordo teríamos que chegar ao entendemento con aqueles cos que temos máis coincidencias.

-¿E quen son?

-A priori parece que non é a UPG.

-Á UPG non lle gustou nada que vostede se postulara como candidato a liderar o Bloque...

-Eu xa era o líder da corrente. Non cambiou nada. Que se fagan as interpretacións que se queiran, pero aquí témonos que afacer a que o BNG mudou dende o ano 2009; agora xa non hai un só partido, senón unhas faccións que pelexan entre si para merecer o favor.

-¿Cales?

-Un marxista leninista, comunista se quere chamar, e outro socialista democrático. Noutro país estaríamos en partidos distintos, pero aquí nos une un proxecto de construción nacional. Na asemblea de xaneiro temos a última oportunidade de sentar unhas bases estables para a convivencia. Temos que cargarnos de responsabilidade entre todos. Ese é o gran reto.

 
Copyright © 2013 LA VOZ PORTADA
Powered byBlogger